Project Description
Fotos Manuel G. Vicente
Mónica Mura
SÁBADO 29 DE MAIO
13.00_Igrexa da Universidade
Antenna Girl
Conferencia performativa
Antenna Girl, #antennagirl nace dun soño no que unha nena quédase paralizada polo afán de captar toda a información lanzada pola rede. O seu corpo está inmóbil. Case non chisca. Non fala. Só emite sons fragmentados. Leva unha antena na cabeza.
Vivimos nun mundo que nos empuxa á auto-exploración, onde a caducidade extrema do que creamos e divulgamos promove o exceso de produción e nos fai vivir cunha ansiedade alimentada por un sentimento constante de culpa e de frustración. Eu o vivín en primeira persoa, e son moitos os amigos que me teñen comentado ultimamente “non sei que me pasa, se intento desconectar síntome culpable”. A nosa é unha xeración chantaxeada pola idea de desconexión como fracaso. Estámonos convertido en individuos sós, conectados, que se mergullan de maneira compulsiva nun mar de datos que saturan as nosas mentes e paralizan os nosos corpos. Nós mesmos nos convertemos en datos. Como ben explica Remedios Zafra no seu ensaio El entusiasmo “Todo é visible e acumulable, pero efémero na súa afectación, pouco pregnante”. En resposta a esta realidade impulsada polas novas tecnoloxías trazaremos un itinerario para entender e plasmar como nace, medra e se desenvolve unha nova forma de censura: a censura derivada pola abundancia como exceso.
Durante a conferencia abrirase a creación ao público invitándolles a participar na investigación da peza en proceso a través dun achegamento experiencial.
CV
Monica Mura (Italia 1979). Artista interdisciplinar, performer e artivista. Dottoressa in D.A.M.S., é membro de MAV, A Colectiva e Womarts. Foi seleccionada en convocatorias en España, Italia, Portugal, Bélxica, Dubái, Ecuador e Arxentina, recibindo recoñecementos, premios, becas e residencias. Foi elixida como artista polo el Museo Thyssen-Bornemisza de Madrid para formar parte de Nos+Otras:_en_Red (Mención de Honor VIII Premio Iberoamericano de Educación y Museos). Realizou as súas accións e expuxo en espazos clave da arte contemporánea e en institucións de prestixio como: Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, Festival C, MAC Museo de Arte Contemporáneo de A Coruña, Museo de Pontevedra, Sala Dogana-Palazzo Ducale, Palazzo Grillo Génova, XX Bienal De Arte de Cerveira, Museu José Malhoa de Caldas da Raiña, MIAAnywhere, etc. A súa obra forma parte de coleccións públicas e privadas como os fondos do Museo Provincial de Lugo e os do MAC Florencio de La Fuente. O seu traballo foi presentado en festivais, feiras, seminarios e congresos.