Project Description

Luz Arcas

Nuria Sotelo + Luz Arcas

DOMINGO 19/05

20.00_Igrexa da Universidade

Fóra de si

Performance
Duración: 40 min
Concepto e coreografía: Luz Arcas
Intérpretes: Luz Arcas e Nuria Sotelo
Colabora: A Casa Vella e Amarela
Distribucións Escénicas
Prezo: 10 euros (entrada reducida 5 euros)
Estrea absoluta

Mercar entradas

Fóra de si é un encontro entre Nuria Sotelo e Luz Arcas froito do Ciclo Conexións A Casa Vella, que se presenta no Festival Plataforma como un proceso de creación despois de diversos encontros virtuais e epistolares.

O punto de partida é a investigación que Luz Arcas está a realizar ao redor de El cuerpo jondo:

“Levo uns anos traballando no jondo como motor de movemento interno e punto de partida para os meus bailes. Na busca expresiva e experimental, desligada formalmente de calquera tradición, pero conectada enerxéticamente coas expresións da miña terra, co flamenco, os ritos e supersticións, co folclore andaluz e os seus bailes e cantes do arraigo.”

Luz tratará de acompañar a Nuria nunha viaxe similar, alimentado da súa propia experiencia do mundo, do corpo, a súa comunidade.

Luz Arcas (Málaga, 1983) funda a compañía La Phármaco en 2009. É Premio El Ojo Crítico de la Danza 2015, Premio Mellor Intérprete Feminina de Danza 2015 nos Premios Lorca, Finalista á Mellor Intérprete Feminina de Danza nos Premios Max 2017, Premio Injuve 2009 e Premio Málaga Crea 2009.

Entre as súas creacións destacan Kaspar Hauser. El huérfano de Europa (peza presentada no Festival Outono en 2016), Miserere. Cuando la noche llegue se cubrirán con ella (Teatros del Canal, 2017), Una gran emoción política (Teatro Valle Inclán de Madrid, coproducida polo Centro Dramático Nacional, 2018), Los hijos más bellos (coproducida polo Ballet de Víctor Ullate da Comunidad de Madrid, 2018), Dolorosa (creada para a Compañía Nacional do Salvador, 2019) e o novo proxecto Bekristen / Cristiáns, unha triloxía cuxo primeiro capítulo, “A domesticación”, foi estreado en novembro de 2019 nos Teatros del Canal de Madrid.

La Phármaco explora tamén espazos non teatrais, como en Chacona (Centre Pompidou, 2015), Embodying What Was Hidden (King Juan Carlos Centre, NYU, 2016), La errancia (Conde Duque, Garden State, 2018), ou Habitación con mi alma fuera (Museo Picasso, exposición de Bruce Nauman, 2019). Ademais, a compañía leva a cabo outro tipo de proxectos artísticos e pedagóxicos, como Mundo y Lenguaje (Malabo, Guinea Ecuatorial, 2016) ou Tú que tienes la luz (National School of Drama de Nova Deli, 2016).