Project Description

Olalla Cociña

Olalla Cociña

Domingo 13 de setembro 13 H

Parque de Belvís

Sesión vermut
Olalla Cociña. Unha tu. Acción poética e musical

Reserva
Reserva

quen fai asubiar as
copas cos dedos
húmidos do febreiro
máis longo? 

escoitando desde a porta desta
penumbra caseira en construción
unha tu rodeada de gatos
imaxinarios 

Unha tu é un alucinamento do desdobramento. Coma un loop que se repite e se responde a si mesmo, un monólogo a dúas voces que son a mesma voz, un unísono, e, ademais, outra distinta. Escoitando desde a porta deixo o meu corpo elevarse, ao fin sen peso, cheo de osíxeno e campaíñas que tintinan: en realidade non soan pero sei como soan. Desdóbrome e sobrevoo, estou enriba de min, observando desde o teito do cuarto como durmo.

E doume algo de medo, coma nun cadro de Delvaux.

Olalla Cociña Lozano (Viveiro, Lugo, 1979). Publicou os poemarios As cervicais da memoria (Fervenza, 2004. Premio Avelina Valladares), aquí (intemperies) (Editorial Compostela, 2006), Libro de Alicia (Espiral Maior, 2008. Premio Fiz Vergara Vilariño), Ningún precipicio (Toxosoutos, 2013, traducido ao castelán en Diminutos salvamentos, 2017) e Vestir a noite (Premio de Poesía Afundación 2016). A súa obra pódese atopar en antoloxías como Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia (Olivia Rodríguez), Letras novas, Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de implantación (Mariña Pérez), Novas de poesía (Ana Gorría) ou Punto de ebullición: Antología de la poesía contemporánea en gallego (Miriam Reyes). Entre 2011 e 2015 coorganizou en Santiago o ciclo de lecturas poéticas Picaversos. Ten impartido talleres de animación á escritura e á lectura. Forma parte da banda de jangle pop Atrás tigre (https://atrastigre.bandcamp.com)