Olga de Soto

Mércores 2 / 18:30 h

Sala Agustín Magán

Conferencia performativa. 50 min

Olga de Soto

Algo se cruza en las palabras al escavar bajo los pies (2026-2029)

O proxecto Algo se cruza en las palabras al escavar bajo los pies (2026-2029) [Algo crúzase nas palabras ao escavar baixo os pés (2026-2029)] é unha investigación e creación de longa duración. Tomando como punto de partida a historia da Maternidade de Elna, fundada no 1939 para protexer as mulleres españolas exiliadas, a obra explora a transmisión interxeracional da memoria en contextos de migración forzosa e a resistencia individual da Comunidade Valenciana, levada a cabo durante o Velatori del albaet, dedicada ás nenas e nenos falecidos e practicada de forma clandestina ata o século XX. Máis que unha peza fixa, o proxecto concíbese como un proceso evolutivo e multiforme, estruturado en varios capítulos que entretecen historia, coreografía e arquivo.

Biografía:

Olga de Soto (Valencia, 1972) é unha coreógrafa, investigadora e artista multidisciplinar establecida en Bruxelas. Dende o ano 1992, o seu traballo creativo céntrase nos conceptos de memoria, pegada e transmisión, desenvolvéndose ao marxe das lóxicas clásicas de produción mediante longos procesos de documentación. A súa obra transita entre a coreografía, a performance, o documental, e as artes visuais, e destaca por dúas liñas de investigación: o estudo da memoria corporal do intérprete (Mirage ou Espejismo desplazado) e a análise do impacto de obras históricas da danza a través de arquivos e fontes orais (historia(s), Una Introducción ou Reconstrucción de una danza macabra. Foi galardoada en 2013 co premio SACD Spectacle Vivant e o seu traballo foi presentado internacionalmente.