Project Description

Orquesta galega de liberación

Orquestra Galega de Liberación

Sábado 12 de setembro – 19.30 H

Teatro Principal

Orquestra Galega de Liberación
Estrea absoluta

20.45 H [voces] Encontro cos artistas

A Orquestra Galega de Liberación presenta un ensemble de 16 músicos residentes en Galicia reunidos en torno á música de vangarda, á busca de novas formas de creación espontánea e á improvisación como fonte de investigación.

Un elenco que non precisa presentación ao estar constituído por artistas e intérpretes recoñecidos nos distintos eidos da música clásica, do jazz, das músicas de vangarda e da performance. 16 músicos cun percorrido vital e unha traxectoria internacional que en poucas ocasións atopamos agromando un proxecto tan contemporáneo e tan ancorado no noso hábitat musical de vangarda.

Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo e dirección)
Max Gómez (batería)
LAR Legido (batería)
Javier Pereiro (trompeta)
Olivier Cano (saxo alto)
Xosé Miguélez (saxo tenor)
Diego Alonso (saxo tenor)
Rosolino Marinello (clarinete baixo)
Rubén Fernández (voz)
Sheila Patricia (voz)
Antonio Bravo (guitarra)
Manuel Cebrián (guitarra)
Elena Vázquez (violín)
María José Pámpano (viola)
Macarena Montesinos (violoncello)
Saúl Puga (contrabaixo)
Xurxo Pinheiro (son)
Fidel Vázquez (iluminación)
Inés Portela (produción)

A Orquestra Galega de Liberación parte de material composto e arranxado para a ocasión, ao cal se lle suman as técnicas de improvisación dirixida, tales  como o Soundpainting, unha linguaxe de signos aplicada á composición multidisciplinar en tempo real. É unha técnica creada nos anos setenta en Nova York, e que Xacobe Martínez Antelo aprendeu e perfeccionou directamente da man do seu creador Walter Thompson.