Project Description

Sesión clausura Plataforma

SÁBADO 18 XUÑO

23.00_Praza de San Martiño Pinario

Pálida & MIL111
(Iria del Bosque + Borja Bernárdez)

PÁLIDA, alias que responde á identidade do vigués José Garnelo, é un vehículo expresivo con marcada predilección polo directo, traballando sempre con hardware, sen ordenadores, e producindo a súa música en vivo. Os seus espectáculos fusionan ambient, techno, microhouse, noise e psicodelia en sesións intensas e hipnóticas, mentres que en cada traballo de estudio revela novas aristas da súa poliédrica creatividade.

Pola súa parte, Iria del Bosque e Borja Bernárdez conforman MIL111, proxecto no que traballan coa luz, o espazo, o son e a imaxe como ferramentas coas que crear fisuras na realidade para propoñer universos alternativos e novos puntos de vista sobre o mundo.

A fusión de ambos proxectos da como resultado Transit ad essentiale, unha performance audiovisual que induce a transitar, dende a distracción do superfluo, o ruído e o caos, cara unha esencia despoxada de todo artificio en prol do básico, a través das perdas das formas sonoras e visuais.

O crecente interese do vigués Nelo ( Durarará!!, Orquestra Metamovida) pola música electrónica lévao, a finais de 2013, a crear PÁLIDA, un vehículo expresivo con marcada predilección polo directo, traballando sempre con hardware, sen computadores, e producindo a súa música en vivo. Proxecto hiperactivo, ao longo dos dous últimos anos foi reinventando as súas pálidas artes á vez que definiu uns acenos de identidade tan claros como inclasificables.

Os seus directos fusionan ambient techno, microhouse, noise e psicodelia en sesións intensas e hipnóticas, mentres que en cada traballo de estudo revela novas arestas da súa poliédrica creatividade. The clutch (2016), o seu terceiro longo, marca un punto e a parte na súa traxectoria, renovando os seus votos cara á electrónica de pista e despregando un son máis fermoso e evocador que nunca, que ademais lle valeu para ser galardoado en 2017 co Premio Martín Codax da música Galega na categoría de electrónica.

MIL111 son Iria do Bosque e Borja Bernárdez. Utilizamos a luz, o espazo, o son e a imaxe como ferramentas coas que crear fisuras na realidade para propoñer universos alternativos e novos puntos de vista sobre o mundo.
A nosa liña de traballo céntrase en reflexionar sobre os procesos emocionais e cognitivos do ser humano dende unha perspectiva metafísica evolutiva.

Interésanos a interacción do ser humano coa súa contorna, as respostas emocionais e conductuales provocadas por esta relación e, a través da experimentación e a análise destas respostas, descifrar o seu significado en relación coa localización evolutiva do espírito.
O noso proceso de traballo inherentemente móvese nunha soa dirección; “De dentro cara a fóra.”

Comeza coa análise das nosas experiencias, tanto individuais como sistémicas, elixindo aqueles parámetros existentes nos procesos evolutivos persoais de todo ser humano para reflexionar, desde a universalidade, sobre o desenvolvemento do eu.