Project Description

Plataforma de economía circular SIGNUS

MARTES 21/05

17 h_Fundación DIDAC

Coa colaboración de Signus Ecovalor e a EASD Mestre Mateo

PARTICIPANTES: Isabel Rivadulla (Signus Ecovalor), Juan Adrio (EASD Mestre Mateo), Rosa Rodríguez Vidal, Presidenta da Asociación de redeiras Illa da Estrela de Corme, Juan Meijide, socio fundador de Insertega e Mamen Diego, fundadora e deseñadora de Objet Particuliere e alumnos da escola.

Duración: 120 minutos

Entrada libre ata completar aforo.

Plataforma quere fomentar a economía circular e a sustentabilidade co apoio e a colaboración de SIGNUS- Sistema Integrado de Gestión de Neumáticos Usados, que traballa co obxectivo de lograr atopar novos usos e aplicacións para os materiais reciclados procedentes dos pneumáticos.

A esta aposta de Plataforma e SIGNUS súmase a EASD Mestre Mateo, que traballou facendo prototipos e deseñando modelos que serán presentados dentro do festival Plataforma e que tamén protagonizarán algunhas conversas específicas sobre esta materia.

Presentación da xornada. Con Mónica Maneiro Co-directora do Plataforma Festival de artes performativas e Directora artística da Fundación DIDAC e Isabel López Rivadulla. Directora de comunicación e marketing de Signus Ecovalor.

  Presentación dos proxectos realizados polos alumnos da EASD Mestre Mateo. Con Juan Adrio, Director da EASD Mestre Mateo e alumnos da escola.

 Invitados participantes:

Rosa Rodríguez Vidal. Presidenta da Asociación de redeiras Illa da Estrela de Corme.

A Asociación de Redeiras Illa da Estrela de Corme está constituída dende o ano 2009. Dende fai uns anos reciclan as redes de pesca sobrantes para convertelas en accesorios de moda colaborando con Artesanía de Galicia ou marcas como Zara ou Loewe entre outras. Tamén axudan a reciclar as redes usadas para convertelas en canastras e porterías.

Juan Meijide. Socio fundador de Insertega.

Insertega é unha empresa de economía social dedicada á reciclaxe téxtil en todas as súas vertentes. O seu obxectivo é converterse en referente europeo da reciclaxe téxtil transformando o residuo téxtil en materia prima de novos procesos. Para conseguir un residuo cero, Insertega ofrece a posibilidade de realizar proxectos circulares co residuo xerado polo produtor posibilitando un 100% de circularidade. Entre os produtos que son capaces de ofrecer encontramos packaging, uniformes, recheos, fibras téxtiles, fío, mobiliario, pintura, revestimentos o material de illamento entre outras cousas.

Mamen Diego. Deseñadora e fundadora de Objet Particulier

Objet Particulier ten como obxectivo promover a aplicación das técnicas clásicas da marquetería de palla e do galuchat, no marco de proxectos de interiorismo único. Dende este proxecto, Mamen Diego busca dar un novo valor a técnicas do pasado e materiais singulares, innovando e aplicando as técnicas tradicionais de marquetaría de palla e coiro, a novos materiais de soporte, máis lixeiros, maleables e funcionais e tamén a soportes clásicos como a madeira e o mdf, todos eles ou ben materiais naturais procedentes da industria agrícola ou alimentaria, ou materiais reciclables como a madeira, o MDF, HPL, entre outros. Todos os procesos internos de Objet Particulier, tanto en produción como en loxística, foron deseñados coa vontade de crear un círculo virtuoso e eco-responsable que engada valor a cada unha das súas creacións.