Project Description

Accións

09 – 18 XUÑO

12.30–14.30_Ruela da Oliveira

Rodríguez-Méndez

Durante o ano 2021 Rodríguez-Méndez envía periodicamente a Chus Pato un caderno impreso á súa dirección física.
Estes cadernos conteñen cada un 100 obras inéditas e outras producidas sobre as que o poeta fai unha selección de obras que traten e investiguen acerca do concepto da morte física do home.
O número total de envíos foron 9.
O proxecto que presentamos en Plataforma 2022 consiste en dúas accións que nalgún momento do proceso “se atopan”. Chus Pato lerá, publicamente e nun só día, as descricións de todas as obras que recibiu durante este período, a duración dese acto está marcada polo número de obras e o tratamento que a poeta lle dea aos textos.
Durante os días que dura o festival, Rodríguez-Méndez tenta producir todas as obras que a poeta seleccionou durante o proceso de traballo no ano 2021. Usa para iso un taller situado na cidade de Santiago que estará aberto a ser visitado polo público que asiste ao festival.