
Sábado 5 / 16:30 h
Parque de Belvís
Actividade de balde
Inscrición previa en info@plataforma.gal
90 min
Roteiro fotográfico para crianzas
Roteiro fotográfico
A partir da exposición Hamartia de Rita G. Rivera, a Fundación DIDAC colabora con Plataforma Festival de artes performativas propoñendo un encontro creativo no que se convidará á cativada a usar a imaxinación. O taller aproximaraos á maneira de entender o mundo da artista, indagando na súa obra fotográfica e na comprensión desta como fonte de inspiración e creación.
Rita amósanos que os espazos están ligados ás emocións e que estas residen en todas partes. Consecuentemente propoñemos unha actividade que lles ensine a observar, a interpretar e a crear, sempre da man da evocación das emocións e os recordos.








