Project Description

Russ

Russ

SÁBADO 25/05

22.00_Sala Riquela

Pinchada
Duración: 120 min
Entrada libre ata completar aforo

Russ é o nome co que Marta Gilino, dj e produtora galega, se da a coñecer. Tras anos de afinar os sentidos como DJ, dá o salto á produción musical en 2022, lanzando o seu primeiro EP “ZZEN” en colaboración co produtor Juait, no que destaca a conexión entre a música para a escoita e a música para a pista de baile. É nese momento cando comeza a súa traxectoria como produtora, que segue evolucionando ata o día de hoxe. Na súa produción, Marta combina traballos para artes escénicas e música para proxectos audiovisuais. Ademais, na actualidade, cursa estudos de son que lle permiten desenvolverse na súa paixón pola música.

Coñecida pola súa maneira de misturar xéneros de maneira dinámica, sempre poñendo énfase nos sons percusivos, na bass music e nos sons da cultura postclub, estará no peche da presente edición do festival Plataforma cunha variedade de seleccións que oscilan entre o vangardista e atrevido e o íntimo e emotivo.