Sergio Marey

Sábado 5 / 18:30 h

Parque de Bonaval

Performance. 40 min

Sergio Marey

Total nós xa estamos mortas

A partir da investigación sobre a vida de Trinidad Falcés, Total nós xa estamos mortas articula un ritual performativo no que corpo, voz, arquivo e cera se converten en ferramentas para pensar a memoria trans. A peza conecta as violencias que marcaron o pasado coas que continúan atravesando as vidas trans na actualidade, cuestionando os mecanismos cos que construímos a memoria colectiva e os límites entre homenaxe, institucionalización e responsabilidade. A memoria revélase así como un espazo vivo de resistencia, pero tamén como un territorio en disputa.

Biografía:

Sergio Marey (Pol, Lugo, 1997) é artista multidisciplinar, comisarie e xestore cultural. O seu traballo investiga a memoria, a identidade e a diversidade desde unha perspectiva política profundamente vinculada ao rural galego. A través da instalación, a escultura e a performance, explora as relacións entre tradición popular, territorio e disidencias, entendendo a memoria como unha ferramenta de resistencia colectiva. A súa obra foi presentada en institucións como a Fundació Joan Miró, o Museo Centro de Arte Reina Sofía, Encontros da Imagem en Braga, a Cidade da Cultura de Galicia ou a Fundación Eugenio Granell.