Project Description

Taller Ana Gesto

Taller Ana Gesto

MARTES 14 – VENRES 17/05

10.00_Centro Sociocultural Santa Marta

Corpo en acción

Taller de performance
Datas: 14-17/05
Horario: 10.00-14:00
Número de prazas: 10 previa inscrición
Prezo do taller 50 euros.

Solicitar praza

SÁBADO 18/05

12.30 e 16:00_Rúas Casco Vello

Mostra de resultados do taller Corpo en acción
Duración: 90 min
Acceso libre

A performer compostelá Ana Gesto impartirá un taller de performance teórico-práctico no que desenvolverá as ideas de:
Tempo-Espazo-Presenza
Idea-Materia-Contexto-Proceso-Partitura

O corpo en acción actuará no espazo público da cidade, intervindo no cotián e mostrando outras capas de realidade.

A selección de propostas estará aberta ata o 6 de maio, con prazas de acceso ao curso ofrecidas por Plataforma a través dunha carta de motivación dirixida a info@performa.gal

As persoas que asistan ao taller realizarán diversas performances en rúas da cidade nas que mostrarán o aprendido e traballado coa artista Ana Gesto nos días previos. A mostra de resultados terá lugar o día 18 de maio nas rúas do casco vello da cidade.

Información de horarios e lugares das performances nas redes do festival e na páxina web plataforma.gal