
Sábado 17 / 10:00 h
Fundación DIDAC
Sábado 17 de 10.00 a 14.30 horas - XANTAR - de 16.00 a 19.30 horas
Domingo 18 de 10.00 a 14.30 horas
50% de desconto para estudantes, e persoas xubiladas ou desempregadas
15 prazas
Taller de performance. Neves Seara
Luz Infinda
Luz e sombra, poesía e corpo, presencia e ausencia – con estes conceptos, Neves Seara desenvolverá o seu taller performativo Luz infinda.
Durante tres sesións, cada participante explorará a relación entre corpo e emoción, traducindo as súas vivencias en xogos de luces e sombras, conectándoas a textos poéticos compartidos.
O resultado desta experiencia será unha performance que se presentará na Festa performativa a noite do 23 de maio na Galería Patio de luz entre as 21.30 e as 23.30 horas.
Neves Seara (Ourense) é Licenciada en Belas Artes pola Universidade Europea de Madrid. Especialista en Museografía pola Universidade de Santiago de Compostela, realizou cursos de doutoramento na Universidade Complutense de Madrid. Traballa como escritora, xestora cultural, artista plástica e performer. Dirixiu Aire centro de arte en Santiago de Compostela durante case nove anos. Ten participado en feiras como ArtMadrid, Room Art Fair ou Cuarto Público e realizou exposicións no Pazo Torrado de Cambados, Galería Metro e Galería Espacio48 en Santiago de Compostela ou na Galería 9the13 na Coruña entre outros espazos. Internacionalmente participou en feiras en La Habana, Bruselas ou Londres. Actualmente dirixe Casa Morada Servizos Culturais.