Taller de performance para a infancia

Sábado 24 / 11:00 h

Parque de Bonaval

Impartido por Ana Gesto.
Horario de 11.00 a 12.30 h
15 prazas
De balde previa inscrición

Taller de performance para a infancia. Ana Gesto

Variacións para un Mesmo Obxecto (isto non é un zapato)

O 24 de maio pola mañá, Plataforma convida á infancia de 6 a 12 anos, ao taller Variacións para un Mesmo Obxecto (Isto non é un zapato). Durante a actividade, dirixida por Ana Gesto, os pequenos entrarán en contacto co gran artista que todos levamos dentro, explorando a súa creatividade ao reinventar obxectos cotiáns.

En concreto, o taller partirá duns zapatos, que cada un terá que traer dende a casa, para desenvolver unha actividade performativa na que se crearán divertidas e absurdas historias.