Project Description
Que paisaxes hai na nosa cidade? Hai árbores? Como están? Como nos gustaría que estivesen?
Inspirándonos na exposición Línea Rota de Horizonte, de Carlos Garaicoa, propoñemos un taller para familias, que comezará na fundación DIDAC, onde prepararemos unha acción colectiva que máis tarde se levará a cabo no exterior, a través dunha deriva urbana conxunta.
Prestaremos especial atención á natureza que emerxe na cidade, co obxectivo de desenvolver a empatía coa nosa contorna. A actividade contribuirá a transitar o camiño cara a sustentabilidade.
CV
Alba Cacheda González (Lalín, 1986) é licenciada en Pedagoxía e Máster PERMEA, Programa Experimental de Educación y Mediación a través del Arte.
É educadora e interésalle a arte contemporánea como ferramenta de aprendizaxe. Realiza propostas de arte+educación de forma independente en diferentes espazos como o Centre del Carme Cultura Contemporària de Valencia, a Fundación DIDAC de Santiago de Compostela ou o Museo Patio Herreriano de Valladolid.
O seu proxecto Tirar del Hilo foi un dos seleccionados na convocatoria Resistències Artístiques del Consorci de Museus de la Comunitat Valenciana no curso 2018/2019 e foi Mención Honorífica en dúas ocasións na Beca Pilar Juncosa & Sotheby’s a un proxecto de Educación Artística coas propostas Algarrobo e Mediterráneo (2018) e Sobremesa (2019).
Na actualidade é a coordinadora de 33=4. Caminarte, un programa de educación artística que se está a realizar nos centros de recursos de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) financiado polo programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.