Project Description

Taller Neves Seara

Taller Neves Seara

SÁBADO 25/05

17.00_Parque Bonaval

Corpo escritura

Taller para a cativada
Duración: 90 min
Participantes: 15 prazas
De balde previa solicitude de praza en info@performa.gal
Idades: de 5 a 10 anos

O límite, o corpo, o debuxo e a expresividade corporal serán o eixo deste obradoiro no que xogando explorarán diferentes modos de expresarse, entender os seus corpos e capacidades e soltarse no espazo.

A xeito de debuxo expandido, ocuparemos o espazo do parque de Bonaval con debuxos realizados primeiramente con improvisación corporal e sensitiva sobre papeis, e posteriormente interviremos con fíos, las e teas un recuncho do parque.