Project Description

Taller para nenas/os con Alba Cacheda

Domingo 11/06/2023

11.30 a 13.00_Fundación DIDAC
Duración: 1 h 30 min
Entrada gratis previa inscrición en info@performa.gal
Idade: De 7 a 10 anos

Tomando como punto de partida a exposición Nin principio nin fin, de Françoise Vanneraud, realizaremos unha actividade que nos invitará a pensar na paisaxe e as relación entre os seres vivos vexetais e animais que a habitamos.
Desenvolveremos diversas accións que activarán a memoria, a observación e a imaxinación. A través delas, comporemos unha instalación colectiva na que reflexionaremos sobre os nosos vínculos co territorio.

Alba Cacheda González (Lalín, 1986) es Licenciada en Pedagoxía pola USC e Máster PERMEA, Programa Experimental de Educación e Mediación a través da Arte pola Universitat de València e o Consorci de Museus de la Comunitat Valenciana.
É mediadora cultural e interésalle a arte contemporánea como ferramenta de aprendizaxe. Deseña, coordina e implementa proxectos que vinculan á cidadanía nas institucións culturais.
Colabora con institucións públicas e privadas, entre as que se atopan: Fundación DIDAC, Museo Patio Herreriano, Centre del Carme Cultura Contemporània, Museo de Arte Contemporáneo de Alicante (MACA) e Fundación María José Jove.