Project Description

Taller para nenas/os con Alba Cacheda
Domingo 11 de xuño, 2023
11.30 h_Fundación DIDAC (duración 90 mim)
Entrada libre previa inscrición
Idade: De 7 a 10 anos
Tomando como punto de partida a exposición Nin principio nin fin, de Françoise Vanneraud, realizaremos unha actividade que nos invitará a pensar na paisaxe e as relación entre os seres vivos vexetais e animais que a habitamos.
Desenvolveremos diversas accións, que activarán a memoria, a observación e a imaxinación. A través delas, compoñeremos unha instalación colectiva.
Inscricións
Enviar un correo electrónico a info@performa.gal
Alba Cacheda González (Lalín, 1986) es Licenciada en Pedagoxía pola USC e Máster PERMEA, Programa Experimental de Educación e Mediación a través da Arte pola Universitat de València e o Consorci de Museus de la Comunitat Valenciana.
É mediadora cultural e interésalle a arte contemporánea como ferramenta de aprendizaxe. Deseña, coordina e implementa proxectos que vinculan á cidadanía nas institucións culturais.
Colabora con institucións públicas e privadas, entre as que se atopan: Fundación DIDAC, Museo Patio Herreriano, Centre del Carme Cultura Contemporània, Museo de Arte Contemporáneo de Alicante (MACA) e Fundación María José Jove.