Project Description

Cristina V. Miranda

Una ausencia no es un piano

MÉRCORES 15 XUÑO

19.00_Fundación DIDAC

Cristina V. Miranda + Auto Sacramental

entradas

Una ausencia no es un piano é una exploración confesional que non dubida en penetrar na chaga e que, no canto de obsesionarse coas respostas, suscita máis interrogantes a través dos que seguir percorrendo o camiño.

Nesta viaxe poética a escritora estará acompañada do músico Auto Sacramental, encargado de crear unha atmosfera electrónica e suxerente que irá transformando ao ritmo que marque a poesía.

Una ausencia no es un piano inspira o seu título nalgúns dos xogos de palabras que Alejandra Pizarnik practica nos seus Diarios. A ausencia como punto de partida cara ao pasado, como lugar de orixe para alcanzar a explicación do agora; o piano como alegoría que representa todo o que se perdeu -non é ausencia, pero paréceselle tanto que a evoca e xustifica.

Cristina V Miranda é unha escritora e promotora cultural galega. Como escritora acaba de publicar a novela A entusiasta (dosmanos, 2021), que foi bautizada polos medios como ‘a novela da xeración indie’. Publicada co pseudónimo de Gala de Meira en xuño de 2021, a autora decidiu revelar a súa identidade cunha serie de presentacións que estenderá ao longo do 2022.

En 2019 publicou o seu primeiro poemario A auga do lobo, da man da editorial galega Toxosoutos.

Una ausencia no es un piano
é o seu próximo poemario que, mentres espera a ver a luz en formato libro, converteu en espectáculo poético-musical. Como comunicadora vinícola e promotora musical, Cristina V Miranda creou e dirixe multitude de proxectos e eventos, case sempre relacionados co viño e a música, como o Enofestival ou Ribeiro Son de Viño, e colaborou en moitos outros como 17º Ribeira Sacra, WOS…

Tamén exerce como presentadora e xornalista musical ocasionalmente. Encargouse de dirixir as catas-conversas de Abanca con Javiera Mena, Marem Ladson e Carmen Boza, e dirixiu o show en directo Compostela Conversa, onde entrevistaba a diferentes artistas no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Auto Sacramental é o proxecto do músico madrileño Jorge Mills. Con influencias que van do synth-pop ao postpunk e letras cargadas de ironía, factura cancións que oscilan entre a sátira política e o costumismo.

En 2019 debutou cun EP dixital: catro cancións producidas por Guille Mostaza (El Último Vecino, Soledad Vélez) nas que exploraba a mística da España negra a ritmo baile.

En 2021 estrenou o seu primeiro álbum —Cuestión de Fe— do que sairon varios singles, entre eles “Vigilia”, unha balada de synth-pop inspirada en El ángel exterminador de Buñuel; ou “Segunda Venida”, co vídeo do cineasta compostelano Javi Camino e protagonizado pola artista galega ELBA.

Actualmente, Jorge Mills está traballando nun DJ set híbrido que combina samples, loops e sintetizadores para crear algo cercano á electrónica experimental de Oneohtrix Point Never, Kelly Lee Owens ou Holly Herndon. Estrenará esta nova faceta musical da man da video artista Marta L. Lázaro no IFEMA de Madrid o 24 de maio, para despois levalo ao Festival Plataforma en Santiago de Compostela en colaboración con Cristina V Miranda o 15 de xuño.