Project Description

Olga Mesa

El viento, los reflejos, Ivanova y yo. Un encontro performativo e audiovisual con Olga Mesa

Domingo 11 de xuño, 2023

19.00 h_SGAE (duración 50 minutos)

Olga Mesa

Entrada libre ata completar aforo

As cámaras non falan. Os corpos si.
Todo o que ela vai facer “agora”, xa sucedeu noutro lugar “antes”. A súa danza de mans ten a súa orixe detrás/diante dunha cámara silenciosa.
Nesta paisaxe de visións onde principio e final tócanse, ela busca ese punto de montaxe invisible que fai da vida un plano secuencial eternal. Ela sabe desde hai tempo que para poder escribir esta historia vai necesitar unha pantalla cun ventilador e un anaco de tea brillante; un caderno cun micrófono, un computador e unha manta térmica de supervivencia. Ela vai necesitar tamén unha “mesa propia” e unha lámpada sobre un campo de profundidades.
Aquí non haberá banda musical, nin orquestra, nin decorado sofisticado, ou si?
Aquí, todo estará xa gravado. E esta vez ela non vai darlle ao “REC” para comezar, esta vez daralle ao “PLAY” unha e outra vez…

Olga Mesa (Avilés, Asturias, 1962) é unha das figuras clave da nova danza contemporánea española de finais dos oitenta, pero, sobre todo, é unha precursora na investigación das relacións entre o audiovisual e o corporal, os tempos reais e os tempos somerxidos, a experimentación cos mundos analóxicos e os dixitais dos retrofuturos. Despois dun extenso percorrido profesional en España, Olga Mesa instálase definitivamente en Francia no ano 2005, tras ser invitada como artista residente polo Théâtre Pôle Sud de Estrasburgo. A súa obra xira arredor dunha escritura poética do corpo persoal, afirmando o lugar do íntimo dentro da representación. Integra o outro, convertendo o espectador en axente da representación e construtor de novos relatos mediante os percorridos espaciais. Coas súas accións, xa sexa nos teatros a modo de representacións, en performances, vídeos en múltiples capas de posibilidades, instalacións artísticas, protocolos de transmisión, conferencias ou publicacións, Olga Mesa propicia lecturas arborescentes que provoca unha expansión do feito artístico no subconsciente de cada mirada. A partir de 2010, Olga Mesa comeza a traballar en colaboración co artista Francisco Ruiz de Infante. A cohesión de toda esta traxectoria lévaa a realizar grandes traballos temáticos que se desenvolven no tempo en diferentes movementos e actos, escalas e temporalidades, procesos e lugares de diálogo.