Project Description

Fotos Manuel G. Vicente

Vasco Araújo

XOVES 3 DE XUÑO

20.00_Igrexa da Universidade
Antologia – Sob a influência de Urano
Conferencia performativa

A Conferencia/Performance que se propón baixo o título Antologia – Sob a influência de Urano será realizada polo artista a partir dunha selección/colección de anacos de textos de antigas obras que el mesmo realizou entre os anos 2000 e 2020. Esta antoloxía do seu traballo será, aínda, interceptada por un segundo texto constituído por cuestións que colocan, dese xeito, o traballo e ao propio artista baixo a influencia de Urano. O planeta Urano en astroloxía, foi sempre asociado a todo o que simbolizan as habilidades inigualables do ser humano para elevarse por riba das cousas do mundo. Para conseguir tal proeza, o ser humano precisa de, a todo custo, romper costumes, promover a mudanza a través da innovación e ter a capacidade de romper con antigos patróns que el mesmo creou para a súa vida. Antologia – Sob a influência de Urano, céntrase precisamente na tentativa do artista de facer unha revisión de antigos conceptos, tradicións e patróns, para dar espazo a novas formas de coñecemento, a unha nova dirección para repensar o propio traballo e os seus obxectivos e, con isto, tamén proxectar no público unha mudanza que permita experimentar novos escenarios, situacións e posibilidades.

CV

Vasco Araújo naceu en Lisboa en 1975, cidade na que vive e traballa. En 1999 finalizou a licenciatura en Escultura na Facultade de Belas Artes da Universidade de Lisboa, e entre 1999 e 2000 completou o Curso Avanzado en Artes Visuais da Maumaus na mesma cidade. Dende entón, ten participado en programas de residencias como o da Universidade das Artes de Filadelfia (2007); Récollets, París (2005); e o Core Program, Houston (2003/2004). En 2003 recibiu o Premio EDP Novos Artistas, Portugal. Participou tamén en diversas mostras individuais e colectivas en Portugal e no exterior: Momento à parte, MAAT – Fundação EDP, Lisboa, Portugal (2019); Vasco Araújo, M-Museum, Leuven, Bélxica, (2018); Decolonial desires, Autograph ABP, Londres, Reino Unido (2016); Potestad, MALBA – Museo de Arte Latino-Americana de Bos Aires, Bos Aires, Arxentina.(2015);  Under the Influence of Psyche, The Power Plant, Toronto (2014); Debret, Pinacoteca do Estado de S. Paulo, São Paulo (2013); Eco, Jeu de Paume, París (2008); Em Vivo Contacto, 28º Bienal de S. Paulo, São Paulo (2008); Experience of Art, 51st Biennale di Venezia, Venezia (2005); The World Maybe Fantastic, Sydney Biennial, Sydney (2002). O seu traballo foi publicado en libros e catálogos, e forma parte de varias coleccións públicas e privadas.