Project Description

vertixe

Concerto de Vertixe Sonora

Mércores 16 de setembro 19.30 H

Auditorio de Galicia, Sala Mozart

Vertixe Sonora Ensemble, agrupación especializada na creación musical máis actual, interpretará obras presentes na mostra Mirar o son. Notación gráfica na música contemporánea, coincidindo coa súa celebración no Auditorio de Galicia. O programa ofrece un pequeno percorrido por obras de moi diversas orixes e definicións formais. Obras que, partindo de concepcións moi distintas, coinciden no significativo compoñente visual da súa notación que, en ocasións, está ao mesmo nivel que o sonoro ou mesmo pode ser preponderante.
Poderanse escoitar pezas de artistas que xa poden considerarse clásicos contemporáneos, como poden ser Juan Hidalgo (Illas Canarias 1927-2018), Toru Takemitsu (Xapón, 1930 – 1996) ou Annea Lockwood (Nova Zelandia, 1939), xunto a obras de artistas máis novos, como Catherine Kontz (Luxemburgo, 1976), Michelle Agnes Magalhaes (Brasil, 1979) ou Eduardo Partida (México, 1992). En consonancia co contexto expositivo onde se inserirá o concerto, á vez que a súa interpretación proxectaranse as partituras de cada obra.