Project Description

Women House. Performance
Sábado 10 de xuño, 2023
18.00 h_Cruceiro de San Pedro (duración 25 minutos)
Verónica Ruth Frías
Entrada libre
Ao longo da historia da arte as mulleres foron expulsadas sistematicamente dos libros; isto creou, durante moitísimo tempo, unha visión androcéntrica da arte que borrou a moitas que merecen un lugar destacado nas nosas conciencias artríticas.
A sociedade cambia, pero a un ritmo moitas veces inapreciable, e neste camiño, houbo artistas e intelectuais que se enfrontaron ao establecido perpetuado durante séculos e foron abrindo fiestras que outras continuaron.
Na acción Women House de Verónica Ruth Frías entendemos a importancia das publicacións destas mulleres pioneiras, e as que viñeron despois, por ser imprescindibles para seguir avanzando xuntas. Coa ironía que caracteriza moitas das propostas desta artista accedemos a unha acción na que se confronta o eu presente co eu histórico, utilizando os libros como obxecto simbólico da reflexión que propoñen estes novos slogans de emancipación e visibilización, ou a ser tatuadas con eles, enfatiza a que se converteu nunha das principais claves do movemento feminista actual: a sororidade.
Elas fixeron súa a mensaxe e fixeron transcender a vocación performática inicial, para constituír cos seus propios corpos unha especie de exposición non estática.
Convocatoria:
Búscanse voluntarias para participar na performance colectiva. Cada participante terá que levar polo menos catro libros. Para participar enviar un correo electrónico coa solicitude a info@performa.gal
Verónica Ruth Frías (Córdoba, 1978) utiliza o disfrace, a maquillaxe e a camuflaxe para adquirir outras identidades, e para levar a cabo un corpo de traballo performático que incide nunha crítica ácida e frontal sobre cuestións de xénero. A través das súas personaxes, Frías, cóntanos aquilo que lle preocupa, que lle indigna, e que nos fai cuestionarnos os roles da muller na sociedade actual, reafirmando a súa posición nun mundo de homes e, no seu caso, no mundo da arte.